Produción de árbores

Respecto e coidado do bosque autóctono

Investigación

Produción de castiñeiro híbrido

O castiñeiro híbrido non se considera unha especie autóctona propiamente dita, pois trátase dun cruzamento entre o “castiñeiro do país” (Castanea sativa) e o castiñeiro asiático (Castanea crenata ou Castanea mollisima).

Estos cruzamentos son o resultado de moitas investigacións realizadas polo Centro de Investigacións de Lourizán, coa finalidade de buscar unha solución a un grave problema que asolou os nosos soutos, a chegada dunha enfermidade denominada Phytophthora cinnamoni (“tinta”), cuxa presenza exténdese en altitudes inferiores a 600 m.a.n.m. 

Obtivéronse distintos clons con características propias, definíndose pola resistencia a esta enfermidade, pola compatibilidade á hora de poder inxertarse con variedades tradicionais, pola rectitude dos seus portes, …

Cada planta do noso viveiro conta cos certificados correspondentes que ofrecen garantía tanto do material xenético do que se trata, como do cumplimento dos requisitos de Sanidade Vexetal.

Clons

No noso viveiro producimos os seguintes clons:

  • Clon 1483: gran resistencia á tinta, porte recto, afinidade para facer de portainxertos
  • Clon 7810: gran resistencia á tinta, porte recto, gran afinidade para facer de portainxertos
  • Clon 90044: resistencia media á tinta, considerado productor directo de castaña, non é atacado pola avispilla (Dryocosmus kuriphilus)Dryocosmus kuriphilus).

Investigación

Estamos ampliando o noso “campo nai” con outros clons. Algúns son o clon 2671 e o Bouche de Betizac.

Ademais dos nosos clons, ofrecemos outros como poden ser o 1482, o 324, ou castiñeiros enxertados con variedades tradicionais, froito da colaboración con outros viveiros.

Moitas veces, tendemos a visualizar estes cruzamentos como o resultado dunha enxeñería xenética en laboratorio (OMG), pero nada máis lonxe da realidade, xa que do que se trata é dun cruzamento controlado entre distintas variedades de castiñeiro.

Se estas interesada nos nosos castiñeiros híbridos, non dubides en chamarnos ou consultar prezos e dispoñibilidade.

Investigación

Produción de oliveiras autóctonas

Historicamente, Galiza foi unha rexión produtora de aceite dende a época dos romanos, quenes introduciron esta especie.
Non se sabe o porqué da desaparición das oliveiras. Especúlase con distintas teorías. Unha delas está relacionada cunha orde emitida polos Reises Católicos na que se ordena a tala das oliveiras galegas en resposta á “Revolta dos Irmandiños”. Outra teoría sinala ao Conde Duque de Olivares, quen empregou incentivos fiscais para protexer a producción de aceite noutras zonas.

O caso é que se eliminaron gran parte das oliveiras que existían en Galiza, quedando reductos bastante grandes na comarca do Sil e, de modo máis testimonial, en igrexas de toda Galiza. Tamén podemos atopalos como división entre parcelas, xa que moitas veces utilizábanse para facer de marcos.

Segundo as investigacións do CSIC, hai ata 19 variedades de oliveira autóctona. Actualmente están rexistradas dúas destas variedades (as outras 17 están en proceso).

Variedades

Estas variedades registradas son:

  • Brava galega
  • Mansa galega

Investigación

Nuestro vivero es uno de los pocos que tienen licencia para la reproducción y comercialización de estas dos variedades.
Tenemos un contrato con el CSIC, mediante el cual se hizo una transferencia de material de estas dos variedades.
Después de mucho esfuerzo, de mucho ensayo/error y de muchísima insistencia por nuestra parte, podemos decir que tenemos uno de los mayores “campo madre” de olivo. De este campo madre podemos sacar el material necesario para hacer esquejes, que es el método de reproducción que utilizamos.


Se estás interesado nas nosas oliveiras autóctonas, non dubides en chamarnos e consultar prezos e dispoñibilidade.

Variedades de planta forestal, oliveiras e froiteiras autóctonas

Explora a nosa colección de castiñeiras e froiteiras tradicionais de Galiza